Novas

/
20Sep2013

A cadea de televisión Wowow contrata a Multimedia Galinova para realizar unha reportaxe sobre Diego López, porteiro do Real Madrid

  • 1 Etiquetas
  • 0 Comentarios

O interese polo debate da titularidade na portería do Real Madrid entre Iker Casillas e o galego Diego López vai ser motivo dun documental da televisión do xapón, a cadea  Wowow, tenedora dos dereitos de televisión da Champions League no país nipón. Durante este verán, Multimedia Galinova SL en alianza con MBC audiovisuales gravou  diversos entornos que forman parte da vida cotiá do xogador do equipo madrileño.
 
Un dos momentos máis emotivos recollidos, durante as catro xornadas de traballo completadas, polo  noso equipo foi comprobar a reacción dos membros da peña ó  coñecerse que porteiro seguía sendo titular co novo adestrador do Real Madrid, Carlo Ancelotti. Aconteceu no primeiro partido de Liga 2013/14 ante o Betis con vitoria dos merengues por 2-1. Os veciños de Paradela e membros da peña Diego López fóronse enterando da titularidade do gardameta galego a través das nosas cámaras. Con eles seguimos as súas reaccións durante todo o partido.
 
O documental tamén inclúe unha longa entrevista cos pais de Diego López, Manuel e Lidia, na que repasan os inicios do futbolista, os seus mellores momentos desde que se foi de Lugo á capital española fichado polo Real Madrid e o seu paso polo Villarreal e o Sevila. Por suposto, con eles analizamos o difícil momento que vive na actualidade ao rivalizar con Iker Casillas a titularidade da meta merengue.

CATEGORIES Sin categoría

COMMENTS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

(Spamcheck Enabled)