Internet

/

internet

Internet é unha peza fundamental da comunicación dunha empresa do século XXI. Sen a Internet, hoxe, non hai empresa, non existe. Axudámoslle a dar ese paso e creamos unha estratexia dixital adaptada á súa marca para que ésta gañe posición no mercado. Xestionamos a reputación da súa marca e buscamos que os seus clientes se relacionen de ti a ti cos seus servizos e os seus productos.

Creación de contidos para Web/blog

Todas as empresas e organizacións dispoñen de moitos elementos de interese que serven para xerar contidos útis para clientes, usuarios e moitas outras persoas. Sabemos que están aí, pero hai que buscalos, identificalos e transformalos en valor propio. Esta é unha das nosas especialidades. Cada artigo, cada video-noticia e cada audio-visual publicado mellorará o posicionamento na Internet da súa marca.

Diriximos tráfico, novos usuarios e novas visitas, á súa web ó xerar periodicamente contidos.

Estratexia Dixital e Community Managment

Para que a comunicación no entorno 2.0 sexa exitosa e lograr un bo manexo das redes sociais, axudamos a fixar estratexias, elixir e utilizar as ferramentas necesarias para facerse un oco diferenciado na comunidade dixital, condición necesaria para conseguir os obxectivos propostos: difusión, relación, venta…

Se o precisa, damos formación e asesoramos ó persoal interno da súa empresa para que coñezan o traballo dun community manager, cómo desenvolvelo y como usar correctamente as redes sociais. Se o desexa podemos ofrecer este servizo de forma externa desde Multimedia Galinova SL. Supervisamos, monitorizamos, e extraemos conclusións sobre todas as accións emprendidas.