A comunicación dunha empresa é moito máis ampla que a confección dunha nota de prensa. Desde Multimedia Galinova podemos producir todo o que precise para conseguir unha comunicación eficaz. De modo que lle axudamos a tomar decisións e dámoslle soporte noutros servizos.
Para conseguilo contará coa experiencia dun redactor profesional que se convertirá no xestor de comunicación da súa carteira de negocio.
- Deseñamos a imaxe corporativa, dacordo co ton da comunicación elixido.
- Producimos directamente pequenas publicacións, desde anuncios de prensa, tarxetas ou dípticos ata boletins, memorias ou revistiñas.
- Publicacións en formato impreso e dixital deseñadas para as funcións concretas que deben desempeñar. Revistas impresas e dixitais, Blogs, Newsletters…
- Melloraremos a comunicación cos seus clientes ao responder ás súas preguntas e captar a súa atención.
- Utilizamos o ton axeitado para transmitir su mensaje, adaptado ao seu público.