Unha comunicación clara é a base do éxito empresarial.
¿Está seguro de que a súa comunicación comercial está conseguindo os resultados que espera? Se non é así, podemos axudalo. Elaboramos textos de calidade, acorde á súa imaxe e o seu estilo corporativo. Ademais, ofrecémoslle absoluta confidencialidade e tranquilidade.
E tan importante como saber qué dicir e cómo facelo é saber elixir a quen dirixirse e qué facer en cada momento.
Todas as empresas teñen algo que contar. Se non sabe cómo comunicar o que fai, pero quere que o público coñeza os seus esforzos, podemos se-lo bastón no que apoiarse con confianza.
Para comunicar con éxito é necesario contar cun gabinete de prensa capaz de crear novas, áxil, profesional, cunha boa rede de contactos e que se convirta nunha extensión da súa empresa e da súa enteira confianza.
Cando poñemos en marcha o seu Gabinete de prensa xestionamos:
- A convocatoria de roldas de prensa
- Elaboración de comunicados de prensa e reportaxes
- Preparación de aparicións en medios de comunicación
- Realización de reportaxes fotográficos
- Seguimento das aparicións das noticias da súa empresa nos medios de comunicación
E un Gabinete de Prensa actualizado non se entende sen o entorno 2.0 Nese sentido, xestionamos a comunicación de forma integrada combinando a tradicional comunicación off line coa crecente e potente comunicación on line.
O punto de partida é a realización dun plan de comunicación que, tras ser aprobado polo cliente, nos permite dirixir a actividade para conseguir os obxectivos propostos.
Avaliamos periódicamente os resultados, propoñemos os temas a tratar e, cando é necesario, plantexamos medidas e perfilamos novas iniciativas ou enfoques.