Multimedia Galinova S.L. é unha consultoría de comunicación adicada ó asesoramento de empresas, institucións e particulares en materia de prensa, imaxe, publicidade e e- marketing. Entre as súas actividades inclúese asimesmo a difusión de novas e a realización de reportaxes escritas e videográficas.
Temos casi 20 anos de experiencia e coñecemos ben cómo evoluciona o campo da comunicación e, por iso, non paramos de adaptarnos constantemente ás novas formas de comunicar. A experiencia deunos madurez e bos contactos para lograr que os nosos clientes logren excelentes resultados.
Somos un equipo de profesionais do xornalismo que integramos todas as formas de comunicación que se adapten ás necesidades do cliente.
Coñecemos en profundidade como traballar coa materia prima esencial de toda comunicación, a información.
Coñecemos ben o modelo organizativo dos medios de comunicación e os xornalistas para lograr o mellor e o maior impacto posible das súas mensaxes.
Coñecemos os novos soportes comunicativos para lograr a notoriedade e o posicionamiento que a súa empresa precisa na Internet.
Durante toda a nosa traxectoria, traballamos con PYMES e pequenas organizacións desenrolando un bo sistema de traballo para saber qué recursos utilizar ao menor coste e aproveitar a potencialidade das ferramentas da comunicación para lograr os mellores resultados e cubrir a crecente necesidade das empresas de informar aos medios de comunicación sobre as actividades que desenrolan, creando así, unha actitude favorable cara a empresa, marca, producto…
A empresa está dirixida por dous xornalistas cun amplo currículo no sector dos medios de comunicación:
Twitter: @xebelo
xoseafraga@multimediagalinova.com
Twitter: @laiosaCASP
es.linkedin.com/in/carlosalbertosanchezponton/
carlosasanchez@multimediagalinova.com