Historia

/

historia

Nace en 1997, fundada por Xosé Antón Fraga Torres e Carlos Alberto Sánchez Pontón, como empresa suministradora de contidos informativos deportivos para TVE en Galicia. Ademais de cubrir a programación rexional, os xornalistas de Multimedia Galinova realizan contidos informativos para as tres edicións do Telediario e interveñen nos programas deportivos da cadea como Grada Cero e Estudio Estadio.

Estréitase a relación co grupo RTVE ese ano ao ampliar os seus serivizos de comunicación como xerador de contidos informativos aportando as súas colaboracións informativas aos programas deportivos de RNE de España, tanto no ámbito rexional en Galicia como os programas de ámbito nacional (Radio 1 e Radio 5) e internacional (Radio Exterior de España). Os programas son 4 Bandas, A Punto, Radiogaceta de los Deportes, Avance Deportivo, Tablero Deportivo, boletins informativos das dúas cadeas, entre outros.

A partir do ano 2000 comeza unha prolífica colaboración con diversos medios escritos, revistas especializadas e outras publicacións nacionais e internacionais. Son moi numerosos os artigos publicados (Don Balón, World Soccer, Afrique Football).

En 2002 realiza traballos audiovisuais para a televisión xaponesa Wowow ou EuroNews.

Desde o ano 2001 e ata a actualidade asesora a empresas, institucións privadas e públicas para abordar estratexias de comunicación off line, eventos, convocatoria de roldas de prensa e relacións cos medios de comunicación. Realízanse traballos fotográficos e de redacción de comunicados de prensa que son enviados en formatos específicos e adaptados a cada medio de comunicación.

Desde 2004 incorpora á súa carteira de servizos o diseño de imaxe corporativa para empresas realizando diversos traballos para diversas entidades privadas. Desde videos, campañas promocionais ou anuncios ata logotipos de eventos e identidades corporativas de empresas de nova creación (Vita Sana, Ebiotec, EuroEspes, Fundación Ebiotec, Gen-T, LaiosaSoa, Mancomunidade do Salnés, Asociación Neria, Fundación Once, Kafloat).

En 2013, Multimedia Galinova amplía o seu campo de acción e amplía a súa carta de servizos especializándose na consultoría en comunicación on line, redes sociais e estratexia dixital.