Novas

/
14Sep2013

FUAC e Multimedia Galinova SL acordan desenrolar a comunicación do proxecto Netmar

  • 1 Etiquetas
  • 0 Comentarios

Multimedia Galinova SL asinou un contrato coa Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) para organizar a comunicación do proxecto NETMAR. Liderado pola Facultade de Enxeñeiría de Porto, o proxecto consiste na realización de diversas probas para amosa-los revolucionarios adiantos tecnolóxicos que existen para loitar contra a contaminación marítima. Universidades, institucións e empresas de cinco países forman parte desta alianza co que se pretende poñer en valor a importancia da cooperación, a transferencia do coñecemento e a consecución de obxectivos vitais para o coidado e o respecto polo medio ambente. As demostracións realizaranse en Irlanda, Portugal e, finalmente, tamén en España, aínda que, nun primeiro acordo Francia tivo dita responsabilidade nas súas mans.
 
MG elaborou o protocolo de comunicación para o proxecto que na actualidade estase a executar e que engloba a coordinación de:
 
Partners do proxecto:
 

  • FEUP – Universidade do Porto – Facultade de Engenharia, (PT)
  • APDL – Administraçao dos Portos do Douro e Leixões, SA, (PT)
  • FUAC – Fundación Universidade da Coruña, (SP)
  • TECNALIA – Fundación Tecnalia Research & Innovation, (SP)
  • Portos de Galicia, Spain (SP)
  • ENSTA Britain, Ecole Nationale Supérieure des Tecniques Avancées, FR
  • UL – University of Limerick, (IRL)
  • INS / NMCI – National Maritime College of Ireland (IRL)
  • UK Spill Association (UK)

 
Membros asociados:
 

  • CINAV – Marinha Portuguesa (PT)
  • Forças Aéreas de Portugal (PT)
  • APP – Associacão dos Portos (PT)
  • SFPC – Shannon Foynes Port Company Ltd., (IRL)
  • The University of Southampton (UK)
  • MCA – UK Maritime and Coastguard Agency (UK)

 
Máis información en:
 
Project-netmar.eu

Shannonresponse.com
 
E tamén en:
 
Twitter.com/ProjectNetmar

Facebook.com/projectnetmar

CATEGORIES Sin categoría

COMMENTS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

(Spamcheck Enabled)